A principal actividade do centro é recreativa, mutualista e beneficente. Destaca o papel do centro no asesoramento e tramitación de expedientes a galegos sobre bolsas, axudas, viaxes, reencontros e tamén para a xuventude. Para estas tarefas contan cunha oficina na que tres empregados atenden, dunha forma totalmente gratuita un promedio de 30 persoas por día na súa maioría da terceira idade.

Unido ao anterior, organiza numerosas actividades socioculturais e recreativas, entre as que destacan as clases de coro, gaita, e danza galegas, así como cursos de lingua e literatura galegas e de extensión cultural.

É de suliñar que, no ano 2004, o director do Instituto de Estudos Galegos de Buenos Aires, D. Adolfo Lozano Bravo, impartíu un curso de lingua e cultura galega que foi subvencionado directamente polas Direccións Xerais de Política Lingüística e de Emigración da Xunta de Galicia.